#Claves de la semana

Unha Feira Franca "de récord" devolve Pontevedra á Idade Media

A festa “sorprende todos os anos” pola súa capacidade para seguir crecendo en número de asistentes.


|


Feirafranca


A XVII Feira Franca de Pontevedra convocou no centro de Pontevedra a miles de persoas para participar nunha "romaría urbana", como a definiu o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, con numerosas actividades lúdicas.


Pola gran afluencia de xente, a concelleira de Festas, Carme da Silva, afirmou que se trata dunha "edición de récord" e pediu ao público "que goce" con "humor" e "paciencia" por mor das aglomeracións e as esperas para acceder aos espazos.


Para a edil nacionalista, o factor da participación é "fundamental" para que a festa "sexa o que é", polo que agradeceu a colaboración das asociacións veciñais e outras entidades sociais e culturais que "colaboran desinteresadamente" amenizando as rúas con música tradicional, facendo actuacións e distintos talleres.


Para o rexedor local, a Feira Franca "sorprende todos os anos" pola súa capacidade para seguir crecendo no número de asistencia aos desfiles e de espazos onde se desenvolven comidas e ceas ao aire libre.


Fernández Lores destacou que esta celebración "xera moita actividade económica" e cualificouna como un "remate de festas apoteósico" para as festas de verán, que ademais atrae a "xente de todo o Estado" e que ten mesmo proxección "internacional".


UN ÚNICO DÍA


Con todo, pese ao éxito da convocatoria, o Goberno local de Pontevedra resístese a ampliar a celebración da Feira Franca -que dura un día e medio- como ocorre noutras festas históricas argumentando que son "modelos distintos".


"Non se pode ir aos Milagres de Amil ou a San Andrés de Teixido tres días seguidos", comparou o alcalde de Pontevedra.


Pola súa banda, Carme da Silva insistiu en que o Consello Aberto da Feira Franca, formado por representantes das asociacións e entidades que participan activamente nesta celebración, prima o criterio de "participación e calidade", que este ano ten un nivel "altísimo", asegurou a concelleira.


Así, entre os aspectos anecdóticos relacionados con este apartado da Feira Franca, a edil de Festas precisou que os profesionais da seguridade están en contacto mesmo a través de teléfonos fixos porque por se se "satura" a liña móbil, como xa sucedeu en anos anteriores.


PROGRAMACIÓN


A Praza da Ferrería e a Avenida de Santa María son dous dos espazos máis concorridos por acoller, respectivamente, a mostra de oficios e o mercado medieval. Ao longo da xornada, numerosos espazos do Centro histórico de Pontevedra acollen a recreación do desfile do viño, pasarrúas amenizados con música inspirada nas cantigas de Afonso X, talleres de xogos populares e demostracións de danza.


No Paseo de Montero Ríos celébranse tamén exhibicións de esgrima, tiro con arco e cetrería. Ademais, a praza de touros de San Roque acolle os pases do torneo medieval con especialistas de Hípica Celta.


Entre as entidades que colaboran na programación figuran a Asociación Recriativa de Xeve, Cedofeita, os colectivos veciñais Salcedo Norte e San Bieito de Lérez, Duos Pontes, a asociación Millo Curvo de Bueu e a Asociación Alba de enfermos psíquicos, entre outras.




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE