#Claves de la semana

​Filipe VI comunicará a Ana Pastor se convoca unha nova rolda de contactos

A presidenta do Congreso trasladará ao monarca o resultado da investidura frustrada de Rajoy.


|

Reyanapastor


O rei Filipe VI e Ana Pastor reúnense este luns no Palacio da Zarzuela. A presidenta do Congreso comunicaralle a investidura frustrada de Rajoy e o Rei, pola súa banda, deberá decidir se convoca unha nova rolda de contactos cos líderes políticos para acabar designando un novo candidato a formar goberno.


Mariano Rajoy foi o segundo candidato rexeitado pola Cámara no últimos seis meses e todo parece encamiñarse a unhas terceiras eleccións.


Mentres tanto, a dirección dos populares reafirma sen fisuras a Rajoy como o seu candidato e é partidaria de manter vixente o acordo asinado con Ciudadanos e Coalición Canaria. Unha maneira de seguir tentando conformar goberno cunha base de 170 deputados.


O presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, non renunciará a tentar volver ser investido. Díxoo nunha conversación informal con xornalistas no avión que o levaba cara ao cume do G-20, en Hangzhou, en China.


Rajoy explicou que volverá poñerse en contacto co líder socialista, Pedro Sánchez tras as eleccións vascas e galegas do 25 de setembro porque cre que a colaboración co PSOE é a única opción.

relacionada Sánchez hace un llamamiento a las fuerzas del cambio para solucionar "el atasco político"
relacionada Rajoy pierde la segunda sesión de investidura
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE