#Claves de la semana

​Tellado: "En Galicia, o candidato de Ciudadanos chámase Feijóo"

O secretario xeral do PPdeG tamén apelou aos votantes moderados do PSOE que non se sentan representados "pola deriva radicalizada do señor Leiceaga", ao que chamou "mala copia de Podemos".


|

Miguel tellado 011014


O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, instou "aos votantes moderados" que nas últimas eleccións xerais apoiaron a Ciudadanos (C's) a que "reflexionen sobre a utilidade do seu voto" e así estimou que apoiar á formación liderada por Albert Rivera nas eleccións do 25-S "significa que ese voto non se traduce en escanos e se o voto non obtén representación é o mesmo que tirar a papeleta ao cubo do lixo".


Alertou de que esta situación pode xerar que "as Mareas de Podemos, o voto radical, acabe tendo máis peso do que realmente debería de ter", polo que apelou á "responsabilidade", á vez que proclamou que "en Galicia, o candidato de Ciudadanos chámase Alberto Núñez Feijóo", tras as últimas declaracións realizadas polo líder da formación laranxa.


Ademais, tamén apelou "aos votantes moderados do PSOE que non sentan representados pola deriva radicalizada do señor (Xoaquín Fernández) Leiceaga, que é unha mala copia de Podemos. "A eles tamén lles dicimos desde aquí que a moderación e a centralidade esta hoxe representada por Alberto Núñez Feijóo", remarcou.


CONSOLIDACIÓN


Nunha comparecencia en Ferrol, Tellado reiterou que o programa electoral do PPdeG "engloba máis de 1.400 medidas" e que busca consolidar o crecemento "pensando nas persoas, que son o primeiro, a través da consolidación dos servizos públicos, con menos impostos".


O político ferrolán trasladou que "a xestión está feita e tamén o balance dos catro últimos anos, cun equipo unido, algo que non teñen os outros partidos, e cun programa de Goberno e un líder que é o que dirixe este proxecto político".


ADVERSARIOS


Fronte a isto, Tellado referiuse aos seus adversarios electorais asegurando que "algúns colgaron a toga no seu despacho fai vinte días e preséntanse cunha folla en branco no que ten que ver coa xestión pública", en alusión ao candidato á Presidencia da Xunta por En Marea, Luís Villares.


Agregou que nin PSdeG nin BNG "poden falar de proxecto", xa que estimou que todos eles o único que fan é "presentarse contra Feijóo, sen proxecto en positivo para este país".


No caso da comarca de Ferrolterra, Miguel Tellado criticou que algúns destes grupos asegurasen que "o flotel para Pemex e os proxectos para a eólica mariña eran falsos, ademais de querer pechar Reganosa e a central térmica das Pontes". "Eses son os do non, e nós estamos aquí porque somos os do si, temos un proxecto en positivo e estamos en contra dos bloqueos e apostamos pola estabilidade política, crecemento económico e máis emprego", contrapuxo.



relacionada Tellado: ​"La ola de incendios no pasará factura a Feijóo"
relacionada ​A campaña do PPdG fixa como obxectivo aos alcaldes das mareas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE