#Claves de la semana

O traballador de Finsa falecido desobstruía unha cinta cando quedou atrapado

CCOO descoñece as causas do fatídico accideente e subliña que seguirá "moi de preto" a investigación e segundo as conclusións, "tomarán medidas".


|

Finsapadron


Comisións Obreiras (CCOO) lamenta o falecemento dun traballador de 59 anos e afiliado a este sindicato na fábrica de Finsa en Padrón (A Coruña) e espera que a investigación aclare as causas do sinistro.


A través dun comunicado, a central traslada a súa solidariedade á familia. Este luns reuníronse na factoría membros do comité de empresa, da área de saúde laboral de CCOO e a inspección de Traballo.


Os representantes do sindicato, segundo indica a nota de prensa, puideron acceder ao lugar do accidente. "O único que se pode confirmar por agora é que o operario faleceu sobre as catro da mañá cando efectuaba labores de desobstrucción nunha cinta de evacuación de residuos", apunta.


Por causas que se descoñecen, a máquina atrapou ao traballador, segundo sinala a organización sindical, que engade que no momento do suceso había máis empregados na fábrica" pero aparentemente sen contacto visual directo" con este compañeiro.


Así as cousas, CCOO seguirá "moi de preto" a investigación deste "fatídico" accidente e, segundo cales sexan as conclusións, pedirá a adopción ou reforzo de medidas preventivas para evitar que "unha nova desgraza" volva ocorrer.




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE