​Nove deportistas galegos en oito disciplinas formarán parte do Equipo Paralímpico Español

|

Chanoesusana

Sebastián Rodríguez (Chano) e Susana Rodríguez // @suRGAcio


Nove deportistas galegos de oito disciplinas diferentes formarán parte do Equipo Paralímpico Español que competirá nos Xogos Paralímpicos de Río 2016, que dan hoxe o pistoletazo de saída ata o próximo 18 de setembro.


Trátase de Gustavo Nieves (atletismo), José Manuel Prado (boccia), Sebastián Rodríguez (natación), Alberto Seoane (tenis de mesa), Juan Antonio Saavedra (tiro olímpico), Guillermo Rodríguez (tiro con arco), Susana Rodríguez (tríatlon), David Mouriz (baloncesto) e Agustín Alejos (baloncesto).


CHANO, O MÁIS VETERANO


O deportista máis veterano, -non só dos galegos, senon do equipo español-, e que máis experiencia acumula é o nadador Sebastián Rodríguez. Chano conta o seu haber con 15 medallas olímpicas (oito de ouro, tres de prata e catro de bronce) gañadas nas súas participacións en anteriores xogos olímpicos.


MARTIN DE LA PUENTE, O MÁIS CATIVO


O tenista do náutico de Vigo é o máis novo do grupo. Con tan só 17 anos, o número un do tenis en cadeira de rodas en España afirma que vai “con ganas de gozar e de dalo todo” e a poder ser, di, vir cunha medalla de volta para Galicia.


A máis benxamina da expedición é Marian Pola, unha nadadora catalana discapacitada visual de tan só 15 anos.


SUSANA GONZÁLEZ


A viguesa Susana González será outra das debutantes en Río. É campiona do mundo de paratriatlón e participa nesta categoría nos que serán os primeiros xogos para este deporte, despois de que o Comité Paralímpico Internacional aprobase en decembro a súa inclusión. 


Ademais, Susana é a primeira muller galega en acudir a unha cita paralímpica nos últimos 20 anos. Di que “as medallas están moi caras”, pero espera unha carreira moi emocionante e vai a por todas. 



relacionada ¿Dónde ver los Juegos Paralímpicos de Río 2016?

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress