Fin a catro meses de desabastecemento famacéutico en Folgoso do Courel

|

Medicamentosfrmacos


Folgoso do Courel recuperará esta semana a actividade normal nun dos seus botiquines de farmacia. A alcaldesa de Folgoso do Courel, Dores Castro, informou este mércores de que a situación de desabastecemento farmacéutico do municipio resolverase parcialmente este venres.


A Consellería de Sanidade acaba de readxudicar o botiquín na parroquia de Seoane e tramita o mesmo procedemento para a farmacia de Folgoso do Courel, aínda que neste caso presenta "máis dificultades en canto a temas legais".


O municipio lucense dispón dunha oficina de farmacia e dunha botica anexa de emerxencia que desenvolve a atención farmacéutica na zona e que desde fai dez meses non funciona de forma adecuada.


A rexedora prevé que a situación quede resolta de forma definitiva no mes de outubro, como moito, coa retirada da concesión aos actuais propietarios da farmacia e o botiquín.


O pasado mes saltou á luz un problema de desabastecemento farmacéutico no municipio de Folgoso de Courel que levaban sufrindo os veciños durante polo menos catro meses, debido a problemas bancarios dos propietarios.


Esta situación obrigou aos ao redor de mil usuarios a desprazarse uns 30 quilómetros a oficinas dos municipios de Pedrafita do Cebreiro ou Quiroga.

relacionada ​A única farmacia de Folgoso do Courel está "desabastecida"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress