#Claves de la semana

Bota a andar a campaña electoral

PP e BNG fixeron a tradicional pegada de carteis na Coruña, o PSdeG en Santiago, o acto de En Marea foi en Lugo e o de Ciudadanos, en Vigo.


|

Urnaelectoral


Ás doce da noite botou a andar a campaña electoral do 25S e os líderes dos principais partidos en Galicia farán este xoves as súas primeiras chamadas ao voto, repartíndose polas cidades galegas. O candidato do PPdeG á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, elixiu A Coruña para a tradicional pegada de carteis que marca o arranque da campaña electoral.


Mentres tanto, o aspirante do PSdeG para liderar San Caetano, Xoaquín Fernández Leiceaga, optou por Santiago --onde está afincado-- e o representante de En Marea, Luís Villares, iniciou a carreira cara ás urnas desde a súa cidade, Lugo.


No caso dos populares, a primeira apelación ao voto realizouse desde os coruñeses xardíns de Méndez Núñez, aínda que con anterioridade celebraron outro acto en Lugo.


Os socialistas, pola súa banda, concentraronse ao fío da medianoite na Praza Roxa, moi preto da sede da agrupación na que milita o economista que encabeza a candidatura; pero xa pola tarde realizaron unha "pegada simbólica" na cidade herculina.


En canto aos integrantes do partido instrumental que arroupan ao maxistrado en excedencia, deronse cita nunha rúa próxima á catedral, situada intramuros.


BNG E C'S, A CORUÑA E VIGO


En paralelo, o BNG utilizou un formato novo para o acto que dá o inicio ao período electoral, pois substituiu a pegada de carteis por "unha composición a modo de mosaico humano co lema da campaña" no que a súa candidata, Ana Pontón, figura en primeiro plano.


Esta escenificación tivo lugar no acueducto do Paseo das Pontes, tamén na Coruña.


Finalmente, a aspirante de Ciudadanos a liderar o Goberno galego, Cristina Losada, pediu por primeira vez o voto na súa cidade, Vigo, desde a praia de O Adro, no Paseo Marítimo de Bouzas.


relacionada Los resultados del 25S se debaten en dos frentes
relacionada ​Recibíronse 37 solicitudes de voto en Braille para as autonómicas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE