A enquisa do CIS dálle unha nova maioría ao PPdeG

|

Feijoo 14


O Partido Popular encabezado por Alberto Núñez Feijóo gañaría as eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro cun 44,9 por cento dos votos, que se traducirían en entre 40 e 41 escanos, o que supoñería a terceira maioría absoluta do líder popular e mantería a representación actual (41).


Mentres, En Marea --liderada por Luís Villares--, con entre 15 e 17 deputados, e o PSdeG --encabezado por Xoaquín Fernández Leiceaga--, cunha estimación de 15, disputaríanse colocarse como segunda forza máis votada nas eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, ambas as cun empate técnico en estimación de voto (19,9%).


Pola súa banda, o BNG de Ana Pontón, actualmente con sete escanos, lograría 2 representantes na Cámara galega e Ciudadanos, cuxa candidata é Cristina Losada, atópase ás portas de entrar por primeira vez no Parlamento, cunha estimación de entre cero e un deputado.


Así se desprende da enquisa que difundiu este xoves, a unhas horas de que arrinque a campaña electoral, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).


OUTRAS ENQUISAS


Segundo a enquisa elaborada por Sondaxe para La Voz de Galicia o pasado 28 de agosto, o partido de Feijóo conseguiría 37 deputados e quedaría a un de alcanzar a maioría absoluta, fixada en 38. Pola súa banda, En Marea desbancaría o PSdeG como segunda forza e obtería 18 escanos.


relacionada Los resultados del 25S se debaten en dos frentes

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress