#Claves de la semana

Leiceaga reivindica que o PSdeG "ten que ser o motor do cambio"

"A tarefa é difícil, pero o PSdeG está en condicións de liderar o cambio", incidiu.


|


Leiceaga2 2


O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, reivindicou na medianoite deste xoves ao venres, na tradicional pegada de carteis que marca o arranque de campaña, que o seu partido "ten que ser o motor e a clave do cambio", un escenario que ve "perfectamente posible" en Galicia a partir do próximo día 25.


Ante medio centenar de militantes, tras escribir "vota" sobre un cartel electoral da súa formación, admitiu que a tarefa é "difícil", pero arengou aos seus para traballar ao longo dos próximos 15 días.


"A tarefa é difícil, pero o PSdeG está en condicións de liderar o cambio", incidiu, para poñer en valor a figura dos dous socialistas que dirixiron Galicia no pasado, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño, e que "deixaron o seu sinal" na Comunidade galega.



relacionada ​Leiceaga confía en la "movilización del electorado progresista"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE