#Claves de la semana

​Leiceaga critica que Feijóo só aceptou acudir ao debate electoral da CRTVG

Cualificou o encontro televisivo de "non debate" polo seu formato "que non permite o diálogo".


|

Leiceagainiciocurso


O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, considerou que o enfrontamento dialéctico entre os cinco principais aspirantes que terá lugar este luns é "o non debate". E é que, segundo as súas propias palabras, o formato tan "encorsetado" dará lugar a "monólogos sucesivos" nos que será "moi difícil evidenciar o contraste entre as distintas posicións".


Con todo, en declaracións aos medios tras un acto sobre educación en Ortoño, na localidade coruñesa de Ames, aseverou que tentará que os cidadáns visualicen que "hai dous camiños". "Un é o noso e outro o do PP, que xa sabemos onde nos leva", subliñou.


Ao fío diso, o aspirante do PSdeG cuestionou que o seu homólogo no PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, só aceptase o debate proposto polos medios públicos galegos e rexeitase acudir ao resto. "Chama a atención", sinalou, tras apuntar que só asistirá ao medio no que "o control por parte do PPdeG non está en cuestión".


Participar noutros debates, con outros modelos, permitirían confrontar de forma "máis intensa e menos encorsetada", proseguiu. "Non poño en cuestión a profesionalidade da TVG, pero seguro que con outros formatos permitiría un diálogo mellor", incidiu Leiceaga, desde o convencemento de que o obxectivo destes cruzamentos dialécticos é que os cidadáns poidan "formarse unha opinión" das distintas opcións.


GRATUIDADE DOS LIBROS


Por outra banda, nun acto celebrado este luns na localidade coruñesa de Ames onde o candidato do PSdeG visitou un colexio no que é o primeiro día do curso escolar en Infantil e Primaria, Leiceaga, que mantén unha axenda "lixeira" de cara á noite do debate, prometeu recuperar a gratuidade dos libros de texto, "unha conquista" do bipartito "eliminada por Feijóo".


En canto á volta ao sistema de préstamo dos manuais escolares, cifrou o seu custo nuns 20 millóns de euros, o que sería unha cantidade "perfectamente asumible" para as arcas autonómicas.


A este compromiso, pensado para aliviar o elevado custo que afrontan as familias coa volta ao cole, Leiceaga sumou a súa aposta por devolver a "calidade" ao sistema a través da recuperación do profesorado perdido durante estes anos.


Así é que convocará 2.500 prazas públicas para o ámbito educativo ao longo da súa primeira lexislatura como presidente do Executivo autonómico. Esta medida, segundo os seus cálculos, supoñerá aproximadamente un investimento de 100 millóns de euros.


POLÍTICAS PARA AS PERSOAS


"Queremos políticas públicas eficaces que aposten polas persoas, con servizos que cubran as súas necesidades", proclamou, antes de destacar o modelo de Ames, en compañía do seu alcalde, José Miñones, como exemplo a seguir.


Este municipio veciño de Santiago é unha "excepción" nun contexto demográfico regresivo e vai na dirección na que debería camiñar o conxunto de Galicia, segundo Leiceaga.


Pola súa banda, o rexedor local resaltou que os seus investimentos en comedores e actividades lúdicas para os pequenos --a fin de colaborar na conciliación laboral e familiar dos pais-- no concello líder en natalidade na comunidade galega.


relacionada ​Así preparan os candidatos á Xunta o debate electoral
relacionada ​La 'vuelta al cole' cuesta 400 euros de media por niño
relacionada ​Comeza o curso en infantil e primaria para 200.000 escolares galegos
relacionada 4.000 docentes aínda están "sen nomear" a poucos días do inicio do curso
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE