España acumula 12 medallas nos Xogos Paralímpicos

|

Ariadnaedo


A medalla de prata da nadadora Sarai Gascón nos 100 metros libre, as de bronce do atleta David Casinos no lanzamento de disco e da nadadora Ariadna Edo nos 400 libre, e 11 diplomas por postos do cuarto ao oitavo foi o máis destacado do equipo español na quinta xornada dos Xogos Paralímpicos de Río 2016.


España acumula 12 medallas (dúas pratas, catro pratas e seis bronces) e a clasificación por países segue con China na cabeza (50 ouros, 40 pratas e 28 bronces), por diante de Gran Bretaña (28, 16 e 19), Ucraína (22, 19 e 20), Estados Unidos (16, 17 e 13), Brasil (9, 17 e 9), Australia (7, 13 e 14), Nova Zelandia (7, 3 e 3), Países Baixos (6, 8 e 12), Usbequistán (6, 4 e 13) e Nixeria (6, 2 e 1). O equipo español é o décimo terceiro con maior número de metais.


Sarai Gascón colgouse a medalla de prata dos 100 libre (clase S9, deportistas con discapacidade física ou parálise cerebral leve), despois de facer un tempo co que iguala o récord de Europa desta distancia e xa é dobre subcampioa paralímpica na cita brasileira, co que supera as súas anteriores actuacións en Londres 2012 (prata en 100 bolboreta e bronce en 100 libre) e en Pequín 2008 (prata en 100 braza).


Tamén no Centro Acuático Olímpico de Río de Janeiro, Ariadna Edo, membro do Equipo AXA de Promesas Paralímpicas de Natación, estreouse como medallista paralímpica ao subir ao terceiro banzo do podio dos 400 metros libre (S13, con discapacidade visual) despois dunha remontada espectacular na que recortou case cinco segundos no último medio hectómetro á alemá Naomi Maike Schnittger.


O segundo bronce do día chegou no Estadio Olímpico Joao Havelange co atleta David Casinos, quen bateu a súa mellor marca persoal da tempada con 38,58 metros para subir ao terceiro posto do podio e aumentar a súa colección de medallas paralímpicas a cinco, tras os catro ouros logrados entre Sidney 2000 e Londres 2012.


OS DIPLOMAS


En canto aos que lograron diploma, a quinta xornada de competición dos Xogos Paralímpicos de Río 2016 presentou a 11 nadadores españois entre os finalistas das súas respectivas carreiras, dos que nove quedaron sen medalla e cinco deles tiveron que conformarse coa cuarta praza.


Un dos cuartos postos foron para o galego Sebastián Rodríguez (Chano) nos 50 metros libre (clase S5), con 34'62, e a tan só 20 centésimas do bronce.


relacionada Tenis, natación y ciclismo, tres nuevas preseas para el equipo español
relacionada ​Nove deportistas galegos en oito disciplinas formarán parte do Equipo Paralímpico Español

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress