Villares rebautiza ao titular da Xunta como "Atila" Núñez Feijóo

|

Villaresvimianzo


O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, avisou ao candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, de que "se non dá a cara" nun debate, Galicia "daralle as costas" o próximo 25 de setembro.


Nun acto público celebrado este xoves na localidade coruñesa de Vimianzo, Villares ha rebautizado ao actual titular da Xunta como "Atila" Núñez Feijóo, ao que acusou de "arrasar" Galicia durante o últimos sete anos.


O cabeza de cartel do partido instrumental estivo acompañado por Antón Sánchez, Luca Chao e Carmen Barahona, números un, dous e cinco de En Marea pola provincia da Coruña; nun auditorio no que se congregaron ao redor de 300 persoas.


Alí, Villares comprometeuse a, tras o 25 de setembro se En Marea chega á Xunta, desenvolver un "plan de emprego no medio rural" co obxectivo de "aproveitar o potencial que cada tipo de comarca ofrece".


O desenvolvemento das áreas rurais é unha das promesas electorais que máis están a aparecer en campaña, baseada nun novo marco de "comarcalización" para garantir "os servizos básicos" a un "tempo razoable" para todos os galegos. A iso, Villares sumou este xoves unha "bolsa de vivenda pública" para fomentar que a xente se traslade a súa residencia ao rural.


VIMIANZO


Villares puxo como exemplo á localidade de Vimianzo da necesidade de "comprometerse", que conseguiu nas pasadas eleccións municipais "derrubar unha fortaleza" coma se se tratase de "Irmandiños". "Estamos empeñados e comprometidos en reconstruír un país máis xusto", apuntillou.


O encargado de abrir o acto foi o rexedor de Vimianzo, Manolo Antelo, quen se fixo coa alcaldía baixo as siglas do BNG pero abandonou a formación frontista tras a súa asemblea nacional do pasado mes de febreiro pola negativa da dirección para exporse unha alianza para as autonómicas coas forzas que acabaron conformando En Marea.


O tamén impulsor da iniciativa Foro Galego, indicou a necesidade de "poñer freo" ás "políticas contrarias á maioría social", á vez que enarborou a bandeira da "esperanza" que representa o partido instrumental para unha comarca "orfa de Goberno galego".


Pola súa banda, Antón Sánchez, o número un pola Coruña de En Marea, falou de Galicia coma "un país moi rico", que se enfronta ao "espolio" das grandes empresas, o cal "permitíu o goberno de Feijóo" segundo Sánchez. 


Barahona e Luca Chao, as número dous e cinco pola Coruña respectivamente, atizaron contra os moderadores do debate da galega, cualificando a súa actitude de "vergoñosa", e recalcando que os seus soldos "páganse co diñeiro de todos". 



relacionada Feijóo, o gran ausente no segundo debate electoral
relacionada Villares: "Trátanse mellor os delitos de luva branca ca os cometidos polo común dos mortais"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress