Atopan no xacemento da Lanzada o esqueleto dun bebé, próximo ao de Cornelia

|

Esqueletocornelia


O equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra achou o esqueleto dun bebé no xacemento da Lanzada, na localidade de Sanxenxo, restos que se atopaban a uns cinco metros do que foi descuberto o luns, que se cre que corresponde a unha muller nova que recibiu o nome de 'Cornelia'.


Segundo comunicou o organismo provincial, estes son os primeiros restos dun neonato que aparecen no Campo da Lanzada e o seu achado "supón unha novidade desde o punto de vista antropolóxico, xa que se pensa que naquela época non era habitual enterrar aos menores dun ano".


Trátase dun neonato "moi deteriorado" que se atopaba encollido a unha distancia de entre cinco e seis metros de 'Cornelia', aínda que a antopóloga Olalla López aclarou que a dita posición "non ten por que implicar relación co da muller nova atopada" este luns.


O arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, considerou que este esqueleto pertence á mesma época que o de 'Cornelia'. En concreto, e a falta dos estudos que o ratifiquen, estímase que son do século I despois de Cristo. Os expertos non descartan que aparezan novos esqueletos similares durante os traballos na Lanzada.


CORNELIA


Segundo informan dende o portal Cultura Galega, o esqueleto de Cornelia atopábase soterrado baixo un vertedoiro cheo de cerámica de luxo romana. O arqueólogo director da intervención, Rafael Rodríguez, estima que o enterramento será dalgún momento anterior ao século I, coincidindo se cadra cos inicios da romanización. O esqueleto de Cornelia será estudado na Universidade de Santiago, segundo indica o mesmo medio, que ademais engade que os solos de Galicia fan dificil a preservación da materia orgánica, polo que a oportunidade que se lle presenta aos arqueólogos con Cornelia e o bebé é única. 


O máis curioso é que, grazas ao achado, poderá abrise a posibilidade de pórlle rostro aos habitantes deste lugar. Por outra banda, se a necrópole da Lanzada se estende ata este punto, a superficie abarcada sería de cincuenta metros de distancia, polo que se abre a posibilidade de atopar máis esqueletos. 



Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress