#Claves de la semana

​En Marea, molesta con que Podemos airee as súas diferenzas en público

Alexandra Fernández, portavoz no Congreso, respecta o "lexítimo" debate, pero cre que "quizais non sexa o momento máis adecuado".


|

Alexandrafernandezmarea 1


A portavoz de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, considera "lexítimo" o debate interno no que está inmerso Podemos e que este martes evidenciaron en Twitter o seu secretario xeral, Pablo Iglesias e o seu 'número dous', Iñigo Errejón, pero cre que a antesala das eleccións do próximo domingo "quizais non sexa o momento máis adecuado" airear estas diferenzas en público.

Segundo explicou Fernández a Europa Press, desde o seu punto de vista ese debate debería "quedar en Podemos" e non afectar directamente á campaña electoral que está a facer En Marea para a cita coas urnas de dentro de catro días.

Precisamente, foi nun mitin en Galicia onde Iglesias volveu defender a conveniencia de que Podemos siga "dando medo" aos poderosos, comentario que provocou a resposta de Errejón en Twitter e abriu a espita para varios dirixentes do partido terciasen tamén na discusión.

Fernández remarcou que En Marea é un "partido instrumental" e un "suxeito político propio", do que tamén forma parte Podemos, pero que, ao seu xuízo, debería quedar á marxe da situación interna do partido morado. "Respectamos ese debate, pero temos os pés e a cabeza nas decisións que ten que tomar En Marea", remarcou.

relacionada ​Maioría absoluta para o PP e 'sorpasso' de En Marea
relacionada Iglesias y Errejón abren la guerra en Twitter
relacionada Errejón: "Os ollos están postos en Galicia para o 'proceso de cambio'"
relacionada ​Tania Sánchez niega "guerra civil" en Podemos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE