#Claves de la semana

​Bascuas: "Queremos para Galicia un Estatuto con poderes propios"


Darlle ás provincias do interior o que lles corresponde, loitar contra o abandono por parte das administracións provinciais do interior.


|

Bascuascxg


O candidato de Compromiso por Galicia á Presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, manifestou este mércores que a súa formación política quere para a Comunidade "un Estatuto con poderes propios".


Así, na súa intervención en Ourense, Bascuas abordou a "importancia de reclamar máis competencias para Galicia, para aumentar o autogoberno e a autonomía fiscal". "Os galegos pagamos 44 millóns de euros en multas de tráfico que despois non reverten en Galicia", puxo como exemplo da "necesidade" de reclamar as competencias de tráfico.


Así mesmo, tamén tratou a relevancia de "controlar os propios recursos enerxéticos", explotados por "corporacións de fóra que non atenden as necesidades do país", e incidiu na necesidade de contar coa capacidade de "fixar os prezos de enerxía industrial", buscando así ser competitivos no marco estatal e europeo. "Nós producimos o 40 prol cento da enerxía do Estado e non temos ningún tipo de beneficio", censurou.


"Darlle ás provincias do interior o que lles corresponde, loitar contra o abandono por parte das administracións provinciais do interior. Galicia non só é a costa, as provincias do interior somos tamén parte do corazón e da alma de Galicia", manifestou, pola súa banda, o candidato pola provincia de Ourense, Xosé Mosquera.


Ademais de Bascuas e Mosquera, tamén participaron no mitin do Teatro Principal de Ourense Iván González Decabo, número cinco pola provincia, e Lucía Nespereira, número dous.


relacionada ​Promover o coche eléctrico en Galicia, entre as propostas de CxG para o 25S
relacionada Compromiso por Galicia sitúa o foco do Brexit nos galegos emigrados
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE