​Electores da zona de Ribeira recibiron papeletas de En Marea de Pontevedra

|



Un erro da empresa encargada de distribuír a publicidade electoral e as papeletas de En Marea na zona de Ribeira (A Coruña) obrigará este 25S ás mesas electorais a pronunciarse sobre a validez dos votos que se emitan para esta formación na Coruña empregando a papeleta correspondente á provincia de Pontevedra.


En concreto, o erro afecta a unhas 1.000 papeletas que se enviaron como parte do 'mailing' electoral á zona de Ribeira. Por un erro "moi localizado", electores da provincia da Coruña recibiron equivocadamente no seu domicilio a papeleta correspondente a En Marea pola provincia de Pontevedra.

Tras a advertencia do erro realizada polo partido á Xunta Electoral de Galicia, este organismo remitiu na mañá deste domingo un escrito á Xunta Electoral da Coruña, que foi trasladado ás mesas da provincia.

Neste documento especifícase que non é posible, como se reclamaba, "computar como votos válidos" os emitidos con papeletas correspondentes a outra provincia de forma xeral, dado que "no colexio electoral debe haber papeletas válidas de todas as forzas políticas" para que o elector "escolla a desexada", o que "salvagarda" os seus dereitos.

Con todo, lembra que "a competencia para declarar a validez dos votos" escrutados "correspóndelle ás mesas", segundo o establecido na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral.

En Marea advertiu nas súas redes sociais aos electores da Coruña deste erro e pediron aos que leven a súa papeleta de casa que a "revisen ben", dado que pode xerar "problemas no reconto". "Se tes dúbidas, o mellor é coller a papeleta directamente no colexio electoral", indican na súa conta de Twitter.


relacionada Un 15% dos electores galegos xa exerceron o seu dereito a voto
relacionada FOTOGALERÍA | 25S: As imaxes da xornada

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress