​O alcalde de Ferrol retira as competencias máis importantes a Beatriz Sestayo

|

Jorgesuarezbeatrizsestayo318


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), retirou as competencias máis importantes aos concelleiros máis próximos á líder do PSOE en Ferrol, Beatriz Sestayo, o seu socio de goberno.


Así, Suárez retiroulle a Sestayo a área de Benestar Social e déixaa como edil de Muller, mentres que a Bruno Díaz retiroulle competencias de Deportes --déixao con Turismo-- e a Germán Costoya elimínalle a área de Servizos e déixao como responsable de Festas.


Segundo Jorge Suárez, esta decisión tomouna ante "a falta de comunicación" con estes concelleiros socialistas, co que asegura que son diferenzas "máis persoais que políticas".


Ademais, as dúas concelleiras coas que estes edís socialistas estaban enfrontados, María Fernández Lemos, responsables de Urbanismo e Mobilidade, e Rosa Méndez, de Zona Rural e Conservación de Patrimonio, manteñen as súas competencias. Polo momento o PSOE non se pronunciou.



relacionada O PSOE de Ferrol pide ao alcalde que retire á concelleira de Urbanismo as súas competencias

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress