A Mesa denuncia a "barbarización" da toponimia galega nos medios

|

Toponimiabarbarizada



A Mesa pola Normalización Lingüística esixiu á Secretaría Xeral de Política Lingüística que actúe ante a "barbarización" da toponimia galega en varios medios de comunicación españois públicos e privados.


Nun comunicado, relata que nomes como 'Pollo' --por Poio (Pontevedra)--, 'Guinzo' ou 'Carballino' --por Xinzo e O Carballiño, en Ourense--, así como 'Jove' ou 'Otero de Rey' --por Xove e Outeiro de Rei, en Lugo-- foron utilizados "para indicar os resultados das eleccións galegas do 25 de setembro.


Ante esta situación, A Mesa reclama a intervención da Secretaría Xeral de Política Lingüística e tacha de "inaceptable" que 33 anos despois da aprobación da Lei de Normalización Lingüística aínda haxa que lembrar que "os lugares de Galicia só teñen unha forma legal e lexítima".


"A imposición de barbarismos e a deturpación da toponimia é un ataque á nosa dignidade colectiva como galegos", salientou o presidente da Mesa, Marcos Maceira, quen lembrou que a Xunta ten o deber de "velar polo cumprimento das normas" e o "respecto" á lingua galega.



relacionada ​La RAG advierte de la "necesidad urgente" de registrar microtopónimos

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress