17 críticos presentan as súas dimisións para forzar a saída de Sánchez

|

Sanchez4


Os membros da Executiva do PSOE críticos co secretario xeral, Pedro Sánchez, empezaron xa a rexistrar as súas dimisións, dentro dunha estratexia que ten como obxectivo forzar a saída de Sánchez. Hoxe mesmo, nunha entrevista publicada por eldiario.es, Sánchez retaba aos críticos da súa Executiva a dimitir se non compartían o seu proxecto: "Non fai falla que sumen a metade máis un", dicía o dirixente socialista. 


Os críticos con Pedro Sánchez levaron esta mesma tarde á sede do PSOE na rúa Ferraz as firmas que consideran suficientes para derrubar ao secretario xeral do PSOE. A Executiva compóñena hoxe 35 membros (foron 38 na súa orixe). Deles, dous xa dimitiron no seu día, os que, sumados aos 17 que saíron agora, son 19, a metade máis un dos chamados executivos.


O sector do partido en desacordo coa convocatoria do congreso e da posición do 'non' a Rajoy decidiron así non esperar á reunión do sábado e esta mesma tarde optaron por ir abandonando a executiva. Se estas baixas alcanzan a metade do órgano, o partido quedaría en mans dunha xestora, que se faría cargo da xestión do partido. 


LISTAXE


A listaxe dos 17 membros da Comisión Executiva Federal do PSOE que esta tarde presentaron a súa renuncia para así provocar a caída de Pedro Sánchez como secretario xeral, segundo as fontes consultadas por Europa Press, son os seguintes:


Por Andalucía: Micaela Navarro (presidenta do PSOE), Antonio Pradas (secretario de Política Federal), María José Sánchez Rubio (secretaria de Sanidade, Estefanía Martín Palop (secretaria de Formación), Noemi Cruz (Secretaria de Cooperación para o Desenvolvemento) e os vogais Francisco Pizarro e Juan Pablo Durán.


Por Castela-A Mancha: Emiliano García-Page (vogal), Manuela Galiano (secretaria de Pequenos Municipios) e Luz Rodríguez (secretaria de Emprego).


Pola Comunidade Valenciana: Ximo Puig (secretario de Reformas Democráticas).


Por Madrid: Tomás Gómez (vogal) e Eva Matarín (secretaria de Inmigración).


Por Cataluña: Carme Chacón (secretaria de Relacións Internacionais).


Por Canarias: José Miguel Pérez (secretario de Educación).


Por Aragón: Carlos Pérez Anadón (vogal).


Por Extremadura: María Ascensión Murillo (vogal).


A listaxe de dimisións foi entregado en Ferraz polo número tres do partido, Antonio Pradas e Eva Matarín, dirixente do PSM próxima a Tomás Gómez. Os dous dirixentes socialistas accederon á sede socialista nun coche a través do garaxe. Marcháronse aproximadamente 10 minutos despois.


COMITÉ FEDERAL 


Os 17 dirixentes socialistas que presentaron a súa dimisión como membros da dirección do PSOE solicitaron nun escrito conxunto ao Comité Federal que inclúa na súa orde do día do próximo sábado a disolución da Comisión Executiva Federal e o cesamento das súas funcións.


No escrito, alegan que a estes 17 nomes hai que engadir dúas vacantes, as do canario Javier Abreu e o exsecretario xeral do PSOE de Galicia José Ramón Gómez Besteiro, ás que se unen a motivada polo falecemento do "querido compañeiro" Pedro Zerolo.


Desta maneira, explican hai un total de 20 baixas dos 38 membros da Executiva Federal que elixiu o Congreso Extraordinario de xullo de 2014, no que Pedro Sánchez foi elixido secretario xeral, polo que "deixaron de pertencer á mesma máis do 50 por cento dos seus integrantes orixinarios".


O escrito apela ao regulamento o Comité Federal cuxo sétimo artigo establece que "cando as vacantes na Comisión Executiva Federal afecten á Secretaría Xeral ou á metade máis un dos seus membros, o Comité deberá convocar Congreso Extraordinario para a elección de nova Comisión Executiva".


Os 17 dirixentes dimisionarios subliñan que estas vacantes, en todo caso, "constitúen un suposto de cesamento nas súas funcións da totalidade dos integrantes, incluído o secretario xeral", como asegura o artigo 41 dos estatutos federais.


relacionada Sánchez: "Felipe está en el bando de la abstención, me gustaría saber en cuál está Susana Díaz"
relacionada Felipe González vuelve a la carga contra Sánchez: "Me siento engañado por él"
relacionada Susana Díaz rechaza el 'congreso express' de Sánchez y abre la puerta a dirigir el partido

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress