#Claves de la semana

Cancela ve un "suicidio" as dimisións e cre que 17 non bastan para botar a Sánchez

Segundo Cancela os críticos terían que reunir 20 dimisións, tres sinaturas máis das que entregaron na sede federal do partido.


|

Cancela


A presidenta da xestora que dirixe o Partido Socialista de Galicia (PSdG), Pilar Cancela, considera "un suicidio" e un "despropósito" a operación que puxeron en marcha 17 membros da Executiva Federal do PSOE para forzar a caída do secretario xeral do partido, Pedro Sánchez, e considera que este número de renuncias non son suficientes para disolver ese órgano de dirección.


"É un despropósito, unha tolemia e un suicidio. Pensei que había un pouco máis de cordura", lamentouse a tamén presidenta da Comisión de Igualdade o Congreso, en declaracións a Europa Press.


Ao seu xuízo, para que se apliquen os Estatutos do partido que prevén a desaparición da Comisión Executiva se renuncian ao cargo a metade máis un dos seus membros hai que ter en conta o número de integrantes orixinal, é dicir, 38 persoas e non as 35 que a conforman agora (tras o falecemento de Pedro Zerolo e a saída de Gómez José Ramón Gómez Besteiro e o aragonés Javier Abreu).


É dicir, segundo Cancela os críticos terían que reunir 20 dimisións, tres sinaturas máis das que entregaron na sede federal do partido.


relacionada ​Pablo Iglesias tacha de "fraude" que queiran "facer caer" a Sánchez con dimisións
relacionada 17 críticos presentan as súas dimisións para forzar a saída de Sánchez
relacionada Felipe González vuelve a la carga contra Sánchez: "Me siento engañado por él"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE