A UEFA veta o símbolo do trisquel da camiseta do Celta

|


Trisquelceltadevigo



O portal moiceleste.com anunciaba hoxe que a UEFA obrigou ao Celta a tapar o símbolo do trisquel que loce o equipo na parte traseira da camiseta desde fai seis anos. Segundo o mesmo  medio, esta tarde os xogadores lucían un círculo celeste tapando o trisquel, un símbolo que segundo a cultura celta representa a evolución e o crecemento, o equilibrio entre corpo, mente e espírito.


O veto ao tradicional trisquel celta na parte posterior da camiseta un engadido que a camiseta non trae de serie e que por tanto o equipo celeste no lucíu no partido fronte ao Espanyol o pasado domingo, nin ante o Standard. 


En canto ás razóns do veto, de momento descoñécense, xa que a organización da UEFA aínda non se pronunciou sobre o tema. Porén, algúns usuarios da rede están apuntando a que a similitude do trisquel coa esvástica podería estar detrás do veto. O portal moiceleste vai máis aló e ironiza con que a UEFA podería estar a empregar as normas da cultura celta pola cal só os druídas poderían portar o símbolo sagrado, o cal supón un problema posto que o Celta non conta con ningún druída na plantilla. 



relacionada ​Primera victoria europea del Celta

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress