Por primeira vez no ano sobe o prezo do leite

|

Leche


O prezo do leite que se paga a produtores en Galicia subiu en agosto ata 27,2 céntimos o litro, fronte aos 26,8 céntimos de xullo, no que supón o primeiro repunte no que vai de ano, xa que desde xaneiro produciuse unha caída continua desde dos 28,8 céntimos de xaneiro.


Así figura nos datos do Ministerio de Agricultura, nos que se observa como Galicia segue sendo a comunidade na que menos se paga aos gandeiros polo seu leite, nun mes de agosto de incrementos de prezos xeneralizados en España.


Neste sentido, a media galega (27,2 céntimos o litro) está a case dous céntimos de distancia da española (29 céntimos) e a máis de sete céntimos do prezo que cobran en País Vasco (34,3 céntimos).


Con todo, o número de explotacións lácteas non deixa de descender en Galicia, xa que en agosto houbo 8.709 produtores que realizaron entregas, os cales son 46 menos que en xullo e 369 menos que os 9.078 cos que comezaba 2016.


Pola súa banda, a produción descendeu un 2,5% en agosto respecto de xullo en Galicia ata quedar en 216.988 toneladas, a segunda cifra máis baixa no que vai de ano.

relacionada ​200 gandeiros levan meses sen cobrar polo seu leite
relacionada ​Ángeles Vázquez: A redución de produción láctea "non é o camiño a seguir"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress