​Ángeles Vázquez: A redución de produción láctea "non é o camiño a seguir"

|

Angelesvazquezalcaldes


A conselleira de Medio Rural en funcións, Ángeles Vázquez, defende que reducir a produción láctea "non é o camiño que hai que seguir" en Galicia, senón débese apostar por "transformar, buscar novos mercados e produtos".


Así contestou a conselleira a unha pregunta sobre o feito de que só 782 gandeiros galegos, ao redor do 9% do total, se acolleran ás axudas da UE para a redución da produción láctea, nunha cantidade de 10.481.342 quilos.


Tras participar nun acto de fomento do consumo de lácteos entre nenos do CEIP das Fontiñas, en Santiago, Ángeles Vázquez asegurou que en Galicia "non interesa esa redución" porque "hai explotacións moi boas, profesionais e que queren ir a máis".


A continuación indicou que a redución é algo que se expuxo desde a Comisión Europea, o cal se fixo chegar aos gandeiros "con toda a información", "pero Galicia dixo non".


REPUNTE DE PREZOS E PECHE DE EXPLOTACIÓNS


Respecto diso, a conselleira indicou que os produtores lle transladaron que "non vían a fórmula", mentres "agora mesmo" o mercado lácteo "está xa nun repunte importante", polo que espera que esa "volatilidade" de prezos "cada vez sexa menor" para "dar unha estabilidade".


Sobre este extremo, Ángeles Vázquez referiuse ás empresas que subiron o prezo en orixe a produtores lácteos, de maneira que "están a pagar o que debían de pagar". Aínda que prevé que "non volverá haber eses 40 céntimos que houbo anos atrás" polo litro de leite, asegura que "se están sentando as bases para esa estabilidade".


No tocante ao peche de explotacións, a conselleira afirmou que "a maioría das que se dan de baixa non é porque pechen, senón porque se asocian".





relacionada ​Bruselas detalla las medidas para reducir la producción de leche ante la crisis láctea
relacionada UUAA advirte que as axudas europeas traerán "a picaresca do leite negro"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress