#Claves de la semana

UUAA advirte que as axudas europeas traerán "a picaresca do leite negro"

Afirman que a medida para a redución da produción láctea é o recoñecemento por parte da Comisión Europea de que "se equivocou cando eliminou as cotas" e argumentan que a baixada "afecta negativamente a España".


|


Vacasleite


Unións Agrarias asegurou este luns que as axudas anunciadas pola Comisión Europea para as explotacións gandeiras que reduzan a súa produción láctea ata outubro e por períodos de tres meses, co obxectivo de estabilizar os mercados, traerán consigo "a picaresca do leite negro".


O secretario xeral da organización agraria, Roberto García, advertiu de que aparecerán produtores que certifiquen baixadas artificiais a través de bolsas de leite negro.


A Comisión Europea e os Estados membros veñen de concretar este paquete de 500 millóns de euros para axudar aos gandeiros que reduzan a súa produción durante tres meses.


Para García, esta medida non é máis que o recoñecemento por parte da Comisión Europea de que "se equivocou cando eliminou as cotas".


De feito, segundo Unións Agrarias, hai tres argumentos contra esta medida da Comisión Europea para reducir a produción. A primeira ten que ver con que se promove unha redución "voluntaria" da produción, "o que pode ser aproveitado por outros produtores para incrementar a súa produción mentres o veciño a reduce".


En segundo lugar, García alertou de que "as retiradas temporais de leite non son un escenario real, porque os gandeiros non van matar as súas vacas para reducir a súa produción e ao cabo de tres meses comprar outras".


A terceira está relacionada coa proposta de baixada "uniforme" para todos os países, algo que "afecta negativamente a España, que apenas abastece o 60 por cento do seu mercado, fronte a Holanda e Irlanda".


PROTESTA


Mentres tanto, segue adiante a organización dunha manifestación o próximo seis de setembro en Lugo, convocada polo colectivo Agromuralla, nado á marxe dos sindicatos nas tractoradas de hai un ano.


A Organización de Produtores de Leite (OPL) expresou o seu respaldo a esta manifestación "para poñer en coñecemento da cidadanía" que o sector está "abandonado polas administracións e máis que nunca nas mans da industria transformadora e da gran distribución", en palabras do seu presidente, Manuel Igrexas.


"As administracións prefiren inxectar diñeiro para axudar a pagar as débedas en lugar de impulsar medidas reais que fagan sustentable a cadea de valor de leite", reprochou.



relacionada ​Bruselas detalla las medidas para reducir la producción de leche ante la crisis láctea
relacionada ​Los productores lácteos acusan a supermercados de vender leche francesa "como española"
relacionada ​Un tercio de las explotaciones gallegas vende la leche por debajo de coste
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE