#Claves de la semana

Theresa May ponlle data ao 'Brexit' e a libra desplómase a mínimos históricos

A divisa baixou a 1,14 euros tras coñecerse que Theresa May activará o artigo 50 sobre a saída do seu país da UE antes de finais de marzo de 2017. 


|

Libraesterlina


A libra baixou hoxe a 0,9% fronte ao dólar no mercado de Londres, despois de que a primeira ministra británica, Theresa May, informase que activará o artigo 50 sobre a saída do seu país da UE antes de finais de marzo de 2017.


A moeda británica retrocedía o 0,9% ata situarse en 1,285 dólares, mentres que perdía 0,8% fronte ao euro ata 1,144 euros, en tanto que nos mercados asiáticos a caída foi 0,5% fronte á divisa estadounidense, segundo os expertos.


O retroceso non foi tan acentuado en comparación co 11% de caída que sufrira a líbra esterlina despois de que os británicos votaran en xuño a favor de saír da UE.


May indicou onte no congreso anual do seu partido, o Conservador, que se celebra na cidade inglesa de Birmingham, que o Reino Unido activará o artigo 50 do Tratado de Lisboa -que fixa un período de dous anos de negociacións sobre a retirada dun país comunitario do bloque- no primeiro trimestre de 2017. 


TURBULENCIAS 


Neste sentido, o ministro británico de Economía, Philip Hammond, admitiu hoxe á BBC que a economía do Reino Unido afrontará momentos de turbulencias durante estas negociacións sobre o "brexit"."Debemos esperar algunhas turbulencias ao empezar este proceso de negociación. Haberá un período dun par de anos, ou ao mellor máis, en que as empresas terán incerteza sobre o estado final da nosa relación coa Unión Europea", afirmou Hammond.



relacionada Reino Unido, ¿irse para volver?
relacionada ​Os galegos emigrados no Reino Unido comparten temores polas consecuencias da saída da UE
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE