#Claves de la semana

​Os galegos emigrados no Reino Unido comparten temores polas consecuencias da saída da UE

"Houbo unha camapaña centrada no medo ao inmigrante", afirman, pero só os que levan menos tempo manifestan a súa preocupación por seren expulsados do país.


|

Reinounidogente 1


Expectación e incerteza. Así viven boa parte dos galegos que residen no Reino Unido a noticia do 'Brexit' tralo resultado do referendo favorable a saír da Unión Europea (UE). Aínda que temen as consecuencias que pode ter para as súas vidas diarias, tamén son conscientes de que ata dentro de dous anos non terá "efectos prácticos".

Aínda que hai unha percepción compartida, en múltiples mensaxes difundidas a través de redes sociais como Facebook e Twitter, de que os emigrantes galegos que viven no Reino Unido perciben o de hoxe como "un día triste", algúns integrantes deste colectivo insisten en que a sensación é distinta en función da situación vital de cada un.

Así o subliña, por exemplo, Beatriz Mariño, natural de Porto do Son (A Coruña). Traballa no departamento internacional dunha axencia de publicidade, leva máis de oito anos vivindo en Londres e está casada cun británico -remarca- "a favor do remain". Incide en que os medos son distintos para os que levan máis de cinco anos no Reino Unido, e quen vive no país desde hai menos tempo.

No primeiro caso, non hai un temor para ser expulsados. "Podemos solicitar visas de residencia, no meu caso tamén de matrimonio", explica antes de sinalar que as preocupacións se focalizan en cuestións como "os impostos e as repercusións políticas e sociais".

"Perderemos dereitos?", pregúntase Beatriz Mariño, quen explica que, no seu caso particular, vendeu o seu piso para poder comprar unha casa e renovala, polo que pon o acento no medo á suba do tipo de xuro. Tamén augura que as clases menos privilexiadas "veranse afectadas" e que "haberá inflación", pero sobre todo teme "un xiro cara á dereita".

En canto a quen leva menos de cinco anos no país, apunta que hai "medo a ter que irse ou a que ninguén lles patrocine o custo das visas, que é elevado". Sobre os ingleses, asegura que "entenden" as vantaxes de pertencer á UE, pero tamén constata que o Reino Unido viviu "unha campaña moi propagandística" centrada "no medo ao inmigrante" e ligada á situación dos refuxiados.


"NUNS DÍAS PASARÁ O PÁNICO"
Mariño constata "unha división clara" no país e subliña que "desde o principio" as enquisas daban a vitoria ao I, aínda que houbo un xiro tras o asasinato da deputada laborista Jo Cox. Ela, particularmente, confesa que non agardaba o resultado final.

Como traballadora dunha empresa francesa (con miles de empregados) e dun departamento no que a maioría son europeos, recoñece que se sente "decepcionada". "Sempre crin que o Reino Unido era un país avanzado, moi integrado culturalmente", incidiu.


"OS INGLESES NON TEÑEN INQUIETUDE"
Mentres o "desconcerto" e mesmo a "indignación" marcan parte das reaccións de galegos no exterior, os ingleses víveno doutro xeito. Así o percibe Dores Pérez Fraiz, unha ourensá do Carballiño ligada a Podemos desde as súas orixes, quen subliña que os ingleses "non senten ningún tipo de preocupación ou inquietude" polo 'Brexit' e que a campaña estivo, basicamente, nos medios.

"Pero aquí, salvo os emigrantes, ninguén fala de política; é unha situación parecida ao que ocorría en España antes de 2008", explicou. 


"SERÁ UNHA SAÍDA 'LIXEIRA'"
En canto á percepción dos estranxeiros, Dores Pérez tamén prefire relativizar as consecuencias do 'Brexit'. "É certo que hai incerteza, pero eu persoalmente non estou nada preocupada. Non vai ocorrer a apocalipse", prognosticou.

De feito, tras lembrar que "o Reino Unido tamén está na UE á súa maneira", augurou que "a saída será light". "Non creo que as empresas estranxeiras que están instaladas aquí cheguen a marchar", subliñou.

relacionada La bolsa española se hunde arrastrada por el 'Brexit'
relacionada El Reino Unido dice adiós a la Unión Europea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE