#Claves de la semana

​A Deputación de Pontevedra retoma as escavacións arqueolóxicas na Lanzada

A semana pasada o ente provincial paralizou os traballos ao constatar que o Ministerio de Fomento "non asume" a súa parte.


|

Yacimientoarqueologico


O equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra retomou este luns os traballos de escavación do xacemento da Lanzada para "cumprir co proxecto establecido" no protocolo co Ministerio de Fomento e por "responsabilidade", despois de que a semana pasada a presidenta provincial, Carmela Silva, instase o Goberno central a asumir a súa parte dos traballos.


Con todo, a deputación provincial decidiu agora completar o programa no castro de Noalla e encargou a redacción do proxecto de consolidación definitiva que, "se Fomento non asume, levará a cabo cando terminen as escavacións".


"Trátase dunha decisión responsable e coherente coa nosa aposta polo respecto ao patrimonio ante a desidia do ministerio", dixo Carmela Silva, que confiou en que en Madrid "reaccionen" e decidan "cumprir coas súas obrigacións".


"INACCIÓN" DE FOMENTO


A decisión adoptada a semana pasada de paralizar os traballos arqueolóxicos desencadeouse, segundo Carmela Silva, "tras remitir unha segunda carta" ao Ministerio de Fomento "e non obter ningún tipo de resposta" relativa ás tarefas que lle corresponde ao ministerio no marco do protocolo entre ambas as institucións, asinado en marzo de 2015, para a posta en valor de 18 xacementos arqueolóxicos da provincia.


"Vémonos obrigados a tomar esta decisión", xustificou Carmela Silva, tras mostrar a súa "enorme preocupación" ante esta "inacción" de Fomento que, "a pesar de ter desde o 2015 asignados a este proxecto 4 millóns de euros, non fixeron absolutamente nada".


Segundo indicou a presidenta da Deputación, a única actuación que puxeron en marcha foi sacar un concurso público e adxudicalo a unha empresa para a redacción do proxecto de consolidación, sinalización e musealización dos 18 xacementos arqueolóxicos da provincia.


Con todo, criticou Silva, a empresa adxudicataria non asinará o contrato polo menos ata xaneiro de 2017, estendendo ata finais de ano ou comezos de 2018 as tarefas para acometer na provincia.


CONSERVACIÓN


Ata este luns, os operarios da deputación estiveron a realizar os labores de limpeza e conservación preventiva nos castros de O Trega e Alobre. Desde media mañá, os arqueólogos incorporáronse aos traballos na Lanzada, onde seguirán ata cumprir co proxecto autorizado por Patrimonio da Xunta.


O goberno provincial volveu facer un chamamento ao Ministerio de Fomento para que "dunha vez fixe unhas datas realistas que non comprometan a existencia do proxecto e que cumpra coas súas obrigacións".


ACHADOS


Silva lembrou que "o xacemento da Lanzada está a achegar achados de gran importancia" e engadiu que, ademais do esqueleto dunha muller nova, bautizado como Cornelia, atopáronse os ósos de catro neonatos aparecidos nun espazo de 5 metros cadrados.


A Presidenta da Deputación tamén anunciou que os restos atopados van ser datados nun laboratorio de Miami, para que lles practiquen as probas do Carbono 14 e de coláxeno que permitan acreditar a etapa histórica á que pertencen.

relacionada Atopan no xacemento da Lanzada o esqueleto dun bebé, próximo ao de Cornelia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE