Unións Agrarias traslada a Santiago a campaña de boicot contra Lactalis

|

9LECHE 1


Unións Agrarias continúa este xoves coa campaña de boicot contra a multinacional francesa Lactalis cunha acción informativa á entrada do hipermercado Alcampo, en Área Central (a partir das 12,00 horas).


Así, os produtores sinalarán as marcas de produtos elaborados por Lactalis para que os consumidores non os compren por "a actitude que a empresa francesa ten cos gandeiros galegos".


O sindicato agrario denuncia que Lactalis "está a impoñer no campo uns contratos de aprovisionamento que provocan caídas encadeadas de prezo".


Ademais, UU.AA. censura "a retención da renda" que Lactalis "impón aos gandeiros ao non trasladarlles os dous céntimos por litro acordados coa distribución" tras as mobilizacións do pasado mes de decembro. Por este motivo, o sindicato presentou unha denuncia no xulgado de Vilalba por unha suposta "apropiación indebida" de dous millóns de euros.

relacionada Unións Agrarias pide aos consumidores que non compren produtos de Lactalis
relacionada ​200 gandeiros levan meses sen cobrar polo seu leite
relacionada FOTOGALERÍA | Vacas no canto de tractores na manifestación contra os baixos prezos do leite

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress