#Claves de la semana

Preto de 100.000 firmas piden que "se aclare" a morte da falecida no HAC

"A mañá do 14 de xaneiro, tras saír do traballo (traballaba pola noite), foi ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para visitar á súa nai. Entrou pola porta principal ás 6,25 da mañá. E morreu".


|

ViuvoHAC


O viúvo da muller que faleceu o pasado 14 de xaneiro nun corredor do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, tras desvanecerse e permanecer unha media hora tendida no chan, conseguiu máis de 91.800 firmas en apoio á súa petición para que a Consellería de Sanidade esclareza "como e por que morreu" a súa muller.


Na súa petición na plataforma Change.org, que superou as 91.800 firmas en menos de dúas semanas, Francisco Javier Barros explica que a súa muller, Rosi, "a mañá do 14 de xaneiro, tras saír do traballo (traballaba pola noite), foi ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para visitar á súa nai. Entrou pola porta principal ás 6,25 da mañá. E morreu".


Tal e como expón, a súa muller pasou entón "35 minutos abandonada no corredor principal do que din que é o hospital máis moderno de Galicia". Ante os acontecementos, indicou que solicitou o vídeo de seguridade do hospital, pero dixéronlle que "o --borraron-- ".


O home explicou que na autopsia consta que a súa muller tivo "un fallo cardíaco", aínda que apuntou que "a cuestión agora é saber se o hospital podía facer algo máis", polo que segue reclamando os vídeos. "Sen esas gravacións nunca poderei saber se se podía facer máis", apostilou.


Así as cousas, pediu a colaboración cidadá para reclamar á Consellería de Sanidade que esclareza "de todo" a morte da súa muller, xa que, engadiu, despois de nove meses non ten máis información. "Teño a dereito a saber que ocorreu, como é que ninguén atendeu a Rosi, no corredor principal do hospital?", remata.

relacionada O viúvo da falecida por unha caída no HAC denuncia o borrado do vídeo de seguridade
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE