#Claves de la semana

Morre un cazador por un disparo accidental nunha batida en Melide

O home participaba xunto a outras persoas nunha batida de jabalíes na parroquia de Cortegada cando recibiu un disparo no peito. 


|

Cazadores


Un home de 51 anos, J.B., faleceu na tarde deste sábado tras sufrir un disparo mentres participaba nunha batida de caza de xabaril na localidade coruñesa de Melide.


Segundo informaron a Europa Press fontes dos servizos de emerxencias, o home participaba xunto a outras persoas nunha batida de jabalíes na parroquia de Cortegada cando recibiu un disparo no peito.


Ata o lugar desprazáronse efectivos das forzas da orde, Protección Civil e Policía Xudicial da Garda Civil, así como o helicóptero medicalizado do 061, cuxos sanitarios só puideron certificar a morte do home. Tamén acudiu un forense para o levantamento do cadáver.


OUTRO FERIDO NA CAZA


Posteriormente, o helicóptero medicalizado acudiu a outro accidente de caza ocorrido na localidade pontevedresa de Silleda, onde un cazador resultou ferido nunha perna cun disparo. A vítima foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago.


Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 16,50 horas cando o home se atopaba participando nunha batida nas inmediacións dunhas granxas, na estrada que vai de Curros a Pedriños.


Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou ao ferido, duns 30 anos, ao Hospital Clínico de Santiago cunha ferida por disparo nunha perna.

relacionada Os cazadores reclaman vixilancia "disuasoria" nos montes galegos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE