Os cazadores reclaman vixilancia "disuasoria" nos montes galegos

|


Guardiacivilvigilanciamonte



A Unión de Tecores de Galicia (Unitega) pediu que se incremente o dispositivo de vixilancia disuasoria contra incendios no rural galego ante as previsións meteorolóxicas que "auguran o final das choivas e o regreso do bo tempo" á Comunidade galega durante a próxima semana.

Nun comunicado remitido aos medios este domingo, os cazadores de Unitega reclaman que a Consellería do Medio Rural e as forzas da orde pública aumenten este dispositivo para "evitar que se produza unha nova vaga de incendios" como a sucedida en Ourense.

E é que para Unitega "non sería a primeira vez que estes delincuentes do medio ambiente aproveitan a proximidade dunhas eleccións políticas para crear alarma social mediante numerosos incendios simultáneos, que dificultan enormemente que o dispositivo de extinción os poida atender con eficacia".

Así mesmo, os cazadores lembran que "hai uns días deuse por concluído o dispositivo de vixilancia da 'Operación Sentinela' da Brilat" o que, na súa opinión, "supoñerá unha diminución importante de ollos vixiantes no medio rural". Por iso, consideran necesario que a Administración "actúe con previsión" e busque a maneira de "manter, polo menos, a intensidade de vixilancia disuasoria que se tivo durante os meses de verán".

"Ante unha política preventiva deficiente, non podemos deixar a solución do problema dos incendios só á extinción rápida dos mesmos, senón que debemos facer un importante esforzo na vixilancia disuasoria contra os delincuentes que queiman os nosos montes", subliñou Unitega.

relacionada Tres millóns de euros para recuperar as zonas afectadas polos incendios

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress