#Claves de la semana

Tres millóns de euros para recuperar as zonas afectadas polos incendios

Os labores servirán para facer un control dos riscos hidrolóxicos erosivos e atallar os posibles procesos de degradación dos chans afectados, así coma para contribuír así a recuperar o potencial forestal.


|

Policiaautonomicaincendiosforestaisinvestigacion


A próxima semana comezarán os traballos urxentes para a recuperación do potencial forestal en zonas afectadas polos incendios do verán nos montes galegos, unhas actuacións ás que a Xunta destina un orzamento de case tres millóns de euros.


Nun comunicado, a Consellería do Medio Rural explicou que estes labores servirán para facer un control dos riscos hidrolóxicos erosivos asociados aos lumes e atallar os posibles procesos de degradación dos chans afectados, para contribuír así a recuperar o potencial forestal.


Ademais das actuacións específicas de consolidación de chans, realizaranse outras accións, como sementados rexenerativos, eliminación da madeira queimada sen valor de mercado para mellorar a posterior rexeneración do arboledo ou o aproveitamento da madeira recuperable. Tamén se mellorarán infraestruturas forestais das zonas queimadas, recuperando as cunetas e as obras de paso para facilitar a capacidade de evacuación de augas.


Así mesmo, desde o punto de vista da recuperación de infraestruturas de protección dos terreos, contémplase o arranxo de peches gandeiros afectados, incluíndo a substitución dos queimados.


relacionada ​Dos detenidos como presuntos autores de una docena de incendios
relacionada ​"Os incendios non se solucionan cunha elevación de penas"
relacionada Amainan os lumes en Galicia despois dunha semana "negra"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE