#Claves de la semana

​Localizada a moza de Pontevedra desaparecida desde o martes

Fuxira cun home de 45 anos, que ao parecer estaría "arrepentido" da súa decisión. 


|

Judithjimenezdesaparecida


A pontevedresa Judit Jiménez, de 21 anoscuxa desaparición foi denunciada ante a Policía Nacional o pasado martes, púxose este xoves en contacto coa súa familia para anunciarlles que volverá á súa casa de Mourente, segundo informou a nai da nova, Ausencia Jiménez.


A familia espera que o home co que se fuxiu, un veciño de Ourense, acuda con ela esta mesma tarde xa que comunicou estar arrepentido da súa decisión.


A desaparición de Judit Jiménez foi denunciada o martes despois de que os seus pais a botasen en falta sobre as dez da mañá. A moza saíra tirar o lixo a un colector próximo e estaba a tardar demasiado tempo en voltar á súa casa da Bouza, na parroquia pontevedresa de Mourente.


Os seus familiares chamárona por teléfono e respondeu dicindo que estaba co seu "noivo". Cando lle pediron que este se puxese ao teléfono, contestou un home dicíndolles "que estaban moi lonxe", negándose a volver a Mourente con Judit.


Esa mesma persoa púxose en contacto pola tarde coa familia Jiménez para dicirlles que xa non estaba coa moza, sen máis explicacións. Desde entón, no teléfono de Judit só saía a mensaxe de "apagado ou fóra de cobertura".


O pai de Judit viaxou a Ourense para tratar de localizar á persoa que se foi coa súa filla e alí confirmáronlle que se fuxiron xuntos e que ese home "está casado e ten fillos e netos".


Ausencia Jiménez asegurou que a súa filla "ten unha minusvalía intelectual do 89%", non sabe ler nin escribir, e ha explicando que "ten a mentalidade dunha nena pequena" polo que para a familia esta desaparición "é como un secuestro, porque se levou a unha persoa enferma".

relacionada ​Buscan un desaparecido no Milladoiro e outra en Pontevedra
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE