#Claves de la semana

​Fenosa lanza unha app que localiza en tempo real incidencias na subministración

A ferramenta 'Tuluz' é accesibe desde a súa web e móbiles, e permite aos usuarios con contador intelixente consultar cada día o seu consumo.


|

Fenosaapp


Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de Gas Natural Fenosa, lanzou unha aplicación para consultar en tempo real incidencias e traballos programados na rede, segundo informa. Trátase, sinala nun comunicado, dunha ferramenta "pioneira" no sector eléctrico español.


Accesible a través da páxina web de Unión Fenosa Distribución ou da aplicación 'tuluz', "está dispoñible de forma gratuíta e aberta nas principais plataformas de aplicacións".


Esta ferramenta localiza nun mapa, cunha icona azul, a zona na que se están efectuando traballos de mantemento da rede eléctrica e que puidesen estar a provocar unha interrupción do servizo. "Facendo clic na icona visualízase información relativa á hora de inicio e fin do traballo, así como o número de clientes potencialmente afectados", indica a compañía.


Ademais, sinala que os clientes poden consultar en tempo real no mapa se existe algunha avaría que supere os tres minutos de duración. En concreto, a ferramenta localiza, cunha icona vermella, o lugar no que se está traballando "para resolver a incidencia e facilita información sobre hora de detección, hora prevista de resolución e os clientes afectados". Unha vez resolta a avaría, a icona cambiará a cor verde.


O CLIENTE, CENTRO DE ACTIVIDADE


No comunicado, o director de distribución eléctrica en España de Gas Natural Fenosa, Luis Zarauza, sinala que "esta ferramenta forma parte dunha serie de iniciativas innovadoras desenvolvidas por Unión Fenosa Distribución que teñen un denominador común: situar ao cliente no centro da actividade da compañía", apostila.


Mentres, sinala que, en Galicia, a compañía conta con preto de 1,1 millóns de contadores intelixentes instalados e integrados no sistema de telexestión, "que recollen diariamente máis de 122 millóns de rexistros de medida horaria na comunidade".


A información que, xunto á enerxía, circula polas redes está a disposición dos clientes tamén na aplicación móbil 'tuluz'. Tras rexistrarse no sistema, o usuario accede á gráfica do seu comportamento enerxético no intervalo de tempo que seleccione xa sexa horario, diario, ou mensual. Cada día, o cliente ten tamén á súa disposición a curva de carga horaria do día anterior.


INVESTIMENTOS


Actualmente, Unión Fenosa Distribución dá servizo a máis de 1,5 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias galegas a través dunha rede de case 58.500 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión.


A distribuidora eléctrica subliña, por outra banda, que investirá case 390 millóns de euros en Galicia no cuadrienio 2015-2018 "para reforzar a rede e mellorar a calidade de subministración", engade no seu comunicado.

relacionada Fenosa inviste 7,6 millóns na modernización do parque eólico de Cabo Vilán
relacionada Fenosa xa instalou preto de 820.000 contadores intelixentes en Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE