#Claves de la semana

Entregan a recadación da billeteira do AMAL 2015 aos refuxiados sirios de Sarria

A proxección de Ave María inaugurou o festival, que continúa hoxe coa longametraxe de ficción 'Dez anos e divorciada'.


|


Amalpresentacion

// GaliciaPress


O auditorio de ABANCA acolleu onte a presentación e proxección do primeiro filme do festival de cine euroárabe AMAL, a curtametraxe Ave María. No acto, a Semana de Cine Euroárabe Amal 2016 e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas fixeron entrega tamén dos sobres coa recadación do festival do ano pasado ao presidente da Cruz Vermella de Sarria, Jaime Capellán, e que irán parar a dúas familias de refuxiados sirios que dende Xullo viven nesta vila.


Ghaleb Jaber Martínez, Director da Semana de Cine Euroárabe AMAL, mostrouse entusiasmado pola cantidade de xente que enchía o auditorio de ABANCA para asistir á primeira proxección, que ademais foi gratuíta, e afirmou que, pese ás “trabas administrativas para realizar o festival”, sinte que “merece a pena” continuar levándoo a cabo: “estaremos aquí mentres vós continuedes aí”, incidiu.


Pilar López, a alcaldesa de Sarria, agradeceu á Fundación Araguaney que pensaran no concello de Sarria para destinar a recadación da billeteira, e subliñou que “a maioría dos sarrianos están encantados de darlle cobixo a estas familias" posto que son un pobo “hospitalario” que está “afeito a recibir xente de todas as partes do mundo”, dada a súa localización no Camiño Francés.


Jaime Capellán, presidente da Cruz Vermella de Sarria, secundou as palabras de agradecemento á Fundación Araguaney e tamén á Xunta, por facer posible o evento. Destacou que a doación solidaria de AMAL irá parar a dúas familias con nenos dende 13 meses a 7 anos.


O grupo de refuxiados, composto por catro adultos e sete nenos, foi o primeiro en chegar a Galicia procedente dun campamento de refuxiados de Acnur --Axencia da ONU para os refuxiados-- no Líbano. Sarria xa participou fai vinte anos nunha experiencia similiar durante o conflito de Kósovo acollendo a unha familia de tres fillos, que actualmente segue vivindo no municipio.


Capellán destacou que os refuxiados “só buscan a dignidade”, e que “se lle quitamos esa dignidade estaremos ante unha xeración perdida”.


Ghaleb Martínez fixo tamén mención á “sensibilidade” deles, como euroárabes “con todo o que acontece no mundo árabe”, e agradeceu a Anxo Lorenzo, tamén presente, a súa aposta polo festival “sen a cal non sería posible”.


A continuación deron paso á curtametraxe Ave María, do director palestino Basil Khalil, que despois da proxección respondeu ás preguntas do auditorio.


SEGUNDA XORNADA


A segunda sesión do festival 'Amal' deste martes, ás 22,00 horas, será para a longametraxe de ficción 'Dez anos e divorciada', dirixido por Khadija Ao-Salami en 2014.


A coprodución de Francia, Iemen e EAU narra como unha nena entra nunha sala de xustiza, mira ao xuíz aos ollos e dille: "Quero divorciarme".


En Iemen, onde non hai ningún requisito de idade para o matrimonio, Nojoom é obrigada aos dez anos a casar cun home vinte anos maior que ela.


A película abandeira o feminismo e brinda visibilidade a todas as mozas forzadas a ser mulleres demasiado pronto, poñendo de relevo o seu dereito a unha vida digna. Baseada no 'best seller' que narra a vida real de Nojood Ali, '10 anos e divorciada' é a primeira película rodada en Iemen por unha muller.


Khadija Ao-Salami naceu en Saná (Iemen). Foi obrigada a un matrimonio infantil aos once anos, cun home vinte anos maior, revelouse contra os valores tribais e familiares e deixou ao seu marido e pediu o divorcio. Aos dezaseis anos recibiu unha bolsa que lle permitiu perseguir o seu soño de estudar cinema en Estados Unidos.


O festival presenta un cartel con once películas centradas no papel da muller. Ao longo de toda a semana, do 24 ao 29 de outubro, as proxeccións poderanse ver nun primeiro pase ás 20,00 horas (por 2 euros) e outro ás 22,00 horas (por 3), excepto a primeira proxección de xornada inaugural deste luns e a última do sábado, ás 12,00 horas, que serán gratuítas.

relacionada O papel da muller centra a edición 2016 do Festival Amal
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE