Galaxia edita un libro para ensinar aos nenos a tradición do Samaín

|

Libroonososamaingalaxia


A editorial Galaxia sacou á venda o álbum ilustrado 'O Noso Samaín', de Loretta Birott, para explicar aos máis pequenos a tradición galega do Samaín en contraposición coa celebración do Halloween.


O libro, ilustrado por Nuria Valdeón, traslada aos nenos a tradición galega vinculada co nacemento do outono e as crenzas "milenarias" que sustentan a tradición do Samaín.


Para a autora e a editorial é "crucial" que os máis pequenos saiban que a tradición de contacto entre vivos e mortos "é tamén galega", que se coñece como Samaín e que "se celebra en Galicia desde sempre".


DÍA DOS DEFUNTOS


A propia editorial explica na súa páxina web que o Samaín "é unha celebración que ten máis de 3000 anos e que, precisamente, está na orixe do Halloween máis mediático, pois chegou a Norteamérica da man doutro pobo celta e emigrante como foi o irlandés". 


Para non esquecer as nosas tradicións, Galaxia botou a andar desta volta un álbum ilustrado que leva como nome "O Noso Samaín", que ten como obxectivo ensinarlles aos máis pequenos da casa a celebración do Día de Defuntos, o Samaín. 


relacionada ​La Biblioteca Digital ONCE facilita la lectura de más de 50.000 obras
relacionada ​O retrato do Padre Carballo, en 150 palabras
relacionada Una campaña online financia envíos de libros gallegos a emigrados de todo el mundo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress