Valle-Inclán cumpre 150 anos

|

Valleinclan 1


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, participou nos actos conmemorativos do 150 aniversario do nacemento de Ramón María do Valle-Inclán celebrados na Alameda de Santiago de Compostela, onde afirmou que "quizais a mellor forma de honralo sexa, precisamente, léndoo, gozando da súa literatura".


Durante a súa intervención, o titular do departamento autonómico de Cultura definiu ao autor como unha "figura clave" da literatura do século XX e "un dos grandes escritores de todos os tempos", cuxo legado forma parte xa da herdanza da cultura mundial.


Así mesmo, destacou o carácter "curioso e observador" do autor e o seu amor pola paisaxe compostelá. De feito, lembrou como Valle-Inclán referíase á Catedral de Santiago como "unha verdadeira expresión do mundo enteiro" e á capital de Galicia como unha cidade co "carácter de eternidade".


Con motivo do día do seu nacemento e no marco deste 150 aniversario, as homenaxes a Val-Inclán sucedéronse ao longo da xornada en distintos municipios de Galicia. Así, a Consellería, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou nos actos conmemorativos organizados polo IES Valle-Inclán de Pontevedra, que incluíu unha conferencia sobre o autor a cargo do director da Real Academia Española (RAE).


Ademais, ás 13,00 horas, a Xunta sumouse á ofrenda floral ao escritor en Vilanova de Arousa e pola tarde participa na inauguración da exposición 'Valle-Inclán, xenio e figura (1866-1936)', que se exhibe no Pazo de Fonseca de Santiago.


A maiores deste acompañamento institucional, a Xunta promove ao longo deste ano e do 2017 un amplo abanico de iniciativas literarias, representacións escénicas, ciclos de cinema, exposicións, actuacións multiartísticas, charlas e talleres, entre outros, con motivo do 150 aniversario do nacemento do dramaturgo, novelista, poeta e ensaísta.


A Consellería sinalou que se trata dunha completa programación colectiva impulsada en colaboración coas principais entidades e organismos vinculados dalgún modo á figura do dramaturgo, como é o caso dos Concellos da Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa, a Asociación de Amigos de Valle-Inclán, a Fundación que leva o seu nome, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Consello da Cultura Galega, entre outras.

relacionada La ONCE conmemora en un cupón el 150 aniversario del nacimiento de Valle-Inclán

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress