#Claves de la semana

​José Blanco: "A ninguén se lle obriga a formar parte do Grupo Parlamentario"

Pide coherencia aos que romperon a disciplina de voto. Sobre si mesmo afirma non ter "na cabeza ser candidato" a liderar o PSdeG.


|

Joseblanco


O eurodeputado do socialista, José Blanco, recoñeceu que a decisión de absterse na investidura de Mariano Rajoy produciu división no PSOE pero pediu coherencia aos deputados do partido que romperon a disciplina de voto ao asegurar que "a ninguén se lle obriga a formar parte do Grupo Parlamentario Socialista".


"Se algunha persoa ten algún problema de conciencia moi importante é indubidable que debe facer prevalecer a súa conciencia e cando o PSOE adopta unha decisión deberíase de acatar e, se non se acata, débese ser coherente co compromiso político que ten co PSOE", manifestou nunha entrevista concedida á Radio Galega.


Neste sentido, tamén se mostrou partidario de clarificar a relación co PSC: "Son partidario de reflexionar, de establecer a mellor relación que permita a fortaleza do Partido Socialista en Cataluña e a fortaleza do Partido Socialista en España", manifestou antes de deixar claro que "non" comparte que "se poida formar parte dun órgano de decisión como é o Comité Federal participando na súa discusión, participando no seu voto e, despois, non se acate a vontade expresada maioritariamente nese órgano".


Así mesmo, o que foi presidente do último Comité Federal do PSOE apostou por "sumar dentro" do partido para "gañar fóra" e, en relación ao futuro do exsecretario xeral Pedro Sánchez, asegurou que a decisión que adopte este ou "outra persoa" débese facer "desde a responsabilidade para superar esta situación". "Se non somos capaces de sumar dentro e aprender dos erros que todos puidemos cometer non seremos capaces de gañar fóra", engadiu.


SITUACIÓN DO PSDEG


Por outra banda, o eurodeputado asegurou que non ten na cabeza volver á primeira liña da vida política. "Nada é imposible na vida pero non teño na cabeza ser candidato á Secretaría Xeral do PSdeG", recoñeceu para deixar claro que non se expón esta posibilidade.


Ademais, mostrouse crítico coa xestora dos socialistas galegos ao considerar que "a dirección política está moi debilitada e hai que facer un esforzo para reforzala". "Ese reforzo pode vir dun cambio de dirección política ou pode vir dunha suma para tratar que se visualice un compromiso de máis xente nunha tarefa que ten que ser común, colectiva", indicou.

relacionada Blanco afea aos promotores da abstención técnica: "Un partido non é unha relixión"
relacionada ​José Blanco opina que o PSOE só se recuperará se deixa gobernar a Rajoy
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE