Os podólogos advirten que "é moito máis lesivo traballar quieto que movéndose"

|

Trabajodepie

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda ás persoas que traballan de pé, de forma continua e estática, "facer descansos curtos e frecuentes" para camiñar, así como variar a postura e cambiar o peso dunha perna a outra.


Así, os podólogos galegos consideran que esta nova moda de traballar de pé, sobre todo de maneira continua e estática, "carrexa problemas de sobrecarga muscular e articular que co tempo poden provocar lesións máis ou menos serias, de igual forma que o traballar sentado".


"A musculatura que está a traballar é sempre a mesma e da mesma forma, do mesmo xeito que as articulacións, que soportan a presión sobre un mesmo punto continuamente. É moito máis lesivo traballar de pé quieto que movéndose", explicou a través dun comunicado o presidente da entidade colexial, Borja Pérez.


DESCANSOS "CURTOS E FRECUENTES"


Para evitar lesións, recomendan tentar facer "descansos curtos e frecuentes" para camiñar e "mover os músculos e articulacións", variar a postura e cambiar o peso dunha perna a outra con axuda do uso do repousapés e en chans duros as alfombras anti-fatiga.


Como norma xeral, os podólogos indican que o calzado debe ter unha altura de tacón de entre dous e catro centímetros, "é conveniente que sexa acordoado para que se adapte ben ao pé e que a horma sexa a correcta para a forma do pé sen chegar a comprimilo, tendo en conta que ao pasar moitas horas de pé é normal que este aumente de volume", concreta a entidade colexial.


Así mesmo, destaca que a sola "debe ter suficiente amortiguación para evitar as sobrecargas e que de apoio ao arco do pé para axudar a distribuír a presión e impedir que o pé se aplane". "Algo que tenderá a facer co paso das horas a consecuencia da fatiga muscular", advirten os podólogos galegos. Con estas indicacións para o calzado, consideran que "se poden evitar juanetes, dedos en garra e metatarsalxias".

relacionada ​Calzar habitualmente botas de fútbol sala puede afectar a los pies de los niños

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress