O Consello da Cultura Galega ingresa na Comunidade de Países en Lingua Portuguesa

|

Ramonvillaresconselloculturagalega

O Consello da Cultura Galega foi admitido este martes en calidade de observador consultivo na Comunidade de Países en Lingua Portuguesa (CPLP), unha admisión producida durante a XI Conferencia de Xefes de Goberno e de Estado da entidade.


Con isto culmina un dilatado proceso de tramitación iniciado en 2010 para facer "máis visible a lingua e a cultura galegas no exterior", en palabras do presidente do Consello, Ramón Villares.


O status de observador consultivo supón que Galicia poderá estar presente nas reunións temáticas da CPLP, cambiar información dentro desta rede de estados e entidades internacionais e servir de unión permanente entre a entidade e a cultura e lingua galegas.


O Consello da Cultura Galega foi a primeira institución galega en solicitar a inclusión na CPLP, en 2010. A iniciativa foi potenciada coa aprobación por unanimidade no Parlamento, en 2014, da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e dos vínculos coa lusofonía.

relacionada ​Feijóo rexeita fusos horarios distintos: "Eu non son portugués, son español"
relacionada El presidente de Portugal recibe a los representantes del Eixo Atlántico
relacionada Ryanair fala galego

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE