#Claves de la semana

Un búnker de máxima seguridade para custodiar documentos confidenciais

O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, en Ourense, pon esta instalación ao servizo do tecido empresarial galego.


|

Bunkertecnopole2

A porta acoirazada que dá acceso ao búnker. //Fonte: Tecnópole.


Ourense, 2 de novembro de 2016. Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole vén de poñer a disposición do tecido empresarial galego un búnker de alta seguridade preparado para a custodia de todo tipo de documentos sensibles en calquera soporte, xa sexa en papel ou electrónico.


Esta instalación, situada no edificio intelixente Tecnópole I, conta con 67 metros cadrados de superficie e tres metros de altura dispoñibles para o almacenamento de información confidencial, máis unha oficina anexa. Os sistemas de acceso e de seguridade son de última tecnoloxía, ao mesmo nivel que os utilizados en bancos, xoierías e administracións de lotería, por exemplo. Os paneis da cámara acoirazada, selados mediante soldadura eléctrica, están testados e certificados nos niveis máximos de seguridade.


Conta cunha porta acoirazada con trampón de emerxencia e mecanismo de peche con dobre chave de seguridade e combinación electrónica tanto para a porta principal como para o trampón, ademais da posibilidade de acceder con lector de pegada.


O búnker conta cun sistema individual de climatización para garantir a axeitada conservación da documentación e un sistema propio de extinción de incendios.

relacionada O primeiro notebook deseñado en España nace na Tecnópole de Ourense
relacionada Unha empresa da Tecnópole, en Ourense, saca ao mercado un sistema para plantas de interior que logra simular a luz natural usando enerxía renovable
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE