#Claves de la semana

​Alfonso Rueda: "Non recibín ningunha chamada de Rajoy"

O vicepresidente da Xunta ve "lóxico" que "saian moitos nomes" de posibles mnistros.


|

Alfonsorueda 1


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou este mércores que é "lóxico" que se fagan "quinielas" e "saian moitos nomes" de posibles ministros do goberno de España, xa que é o momento da "configuración" do Executivo, aínda que negou ter recibido a "chamada" de Rajoy para formar parte dese equipo.


Así o manifestou, en declaracións aos medios, antes de participar nunha reunión en Vigo, e recoñeceu que, do mesmo xeito que o seu nome figura nesas quinielas, "saíron moitísimos". A preguntas dos xornalistas sobre se recibira unha chamada de Mariano Rajoy para sumarse ao Executivo, declarou: "Non, non recibín ningunha chamada".


Con respecto á formación do goberno da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda sinalou que se están "cumprindo os prazos" e que, unha vez que se produza a investidura de Núñez Feijóo a próxima semana, "inmediatamente despois coñecerase o goberno da Xunta".


"Alégrome de que haxa moitísima xente válida, de que saian moitísimos nomes para un goberno e para outro, iso quere dicir que hai canteira e moita xente disposta a traballar", proclamou.


Por outra banda, e cuestionado polos medios acerca das opinións dalgúns maxistrados do Tribunal Constitucional sobre resolucións que implican unha suposta recentralización de competencias, Rueda sinalou que se trata de opinións "moi cualificadas", pero non deixan de ser as de determinados membros do TC, non as do propio Tribunal. "Hai que valorar o que diga o Constitucional, que se pronuncia a través de sentenzas, non o que digan maxistrados concretos", engadiu.

relacionada ​Feijóo evita especular coa posible fichaxe de Rueda para un Ministerio
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE