#Claves de la semana

O Concello de Lugo sobe o imposto de circulación dos coches de alta gama

Así o anunciou o voceiro do Concello de Lugo, que explicou que este pasa de 183 a 224 euros. 


|

Mercedescochealtagamalujo


O portavoz do equipo de goberno do Concello de Lugo, Miguel Fernández, anunciou este mércores, tras a reunión do executivo local, que se deu luz verde á proposta de "modificación da ordenanza fiscal xeneral", o que conducirá, unha vez que se aprobe en pleno e a partir do próximo ano, á desaparición "de bonificacións" para abrir empresas no polígono das Gándaras, entre outras variacións.


Outra novidade que contempla, como explicou Fernández coa anuencia de varios dos cinco grupos da oposición, é que se incrementa de 183 a 224 euros o imposto de circulación para "vehículos de alta gama".


Ademais recóllense bonificacións para que os establecementos hostaleiros dispoñan de terraza na cidade que "pasan do sesenta ao 65 por cento".


O Imposto de Bens Inmobles (IBI) "mantense nas contías que había" aínda que matizou que se realiza un "axuste" para aquelas familias que ingresen máis de 40.000 euros ao ano que quedarían "exentos" de "bonificacións".


Por outra banda, Miguel Fernández sostivo que se está retirando o "dique" no Miño, que realizaba unha empresa nos traballos da fábrica da Luz, despois de que o Ministerio de Medio Ambiente ordenase a súa retirada, ademais do pago dunha multa de douscentos mil euros.


Fernández xa avanzou que será a propia empresa concesionaria a que se faga cargo de abonar a sanción e dos "custos" que se deriven desta errada actuación.

relacionada ​Os socialistas propoñen limitar o uso de vehículos oficiais polos membros da Mesa
relacionada ​Un impuesto contra los azúcares añadidos para reducir su consumo
relacionada Os seguros de coche son 100 euros máis caros en Galicia ca no resto de España
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE