Cambados xa é 'Cidade Europea do Viño 2017'

|

Vinoriasbaixas


O concello de Cambados vén de ser elixido Cidade Europea do Viño 2017. O anuncio fíxose durante unha gala celebrada pola Rede Europea de Cidades do Viño (Recevin) e que tivo lugar en Palmeira, no país veciño de Portugal. 


Cambados superou así outras vilas españolas de gran peso vitícola como Aranda del Duero (Burgos), Villafranca del Penedés (Barcelona) e La Palma del Condado (Huelva).



A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou o gran peso que ten a comarca do Salnés, en xeral, e Cambados, en particular, como zona vitivinícola de Galicia, sendo a rexión máis destacada de produción dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. A de Medio Rural xa mandara no seu día unha carta de apoio a esta iniciativa como destino turístico vinculado á viticultura, xa que o seu peso dentro deste sector é importante.



Grazas a este distintivo, a Mancomunidade do Salnés poderá seguir presumindo da calidade dos seus viños e ofrecer no vindeiro ano unha serie de actividades vinculadas á enoloxía e ao enoturismo. Incluso contempla accións internacionais xunto co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas que consisten nun intercambio con Irlanda.

relacionada Cambados, candidata a cidade europea do viño 2017
relacionada ​Nace a marca Enoturismo Galicia, que reúne catro das denominacións de orixe
relacionada ​Impulso á calidade turística das Rías Baixas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress