#Claves de la semana

A Policía Local de Pontevedra reclama equiparación salarial con doazóns de sangue

Critican a "falta de talante negociador" do goberno local do BNG e aseguran que non saben "se sería máis fácil negociar con Trump que negociar con algún membro do goberno local".


|

5507260d04 20150223 patxot policia local 013


Axentes da Policía Local de Pontevedra protagonizou este luns un singular acto de protesta coa doazón de sangue para pedir ao goberno local unha negociación para equiparar os seus salario co resto de traballadores do grupo C1.


En concreto, unha vintena de axentes municipais concentrouse ao pé da unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos na praza de Ourense e un a un foron entrando para doar e trasladar á opinión pública que "se están rindo" deles despois de cinco meses con este conflito laboral aberto.


O delegado sindical de CCOO Antonio Villares explicou que o seu sindicato propoñerá á asemblea de traballadores "endurecer" as medidas de protesta, pois entenden que é necesario dar un paso cara adiante cunha serie de medidas para que "no goberno local vexan que isto non é unha coña".


Ademais, criticou a "falta de talante negociador" do goberno local do BNG e asegurou que non sabe "se sería máis fácil negociar con Trump que negociar con algún membro do goberno local".


Os axentes da Policía Local reprochan ao Concello que pospoña calquera negociación a que a empresa contratada para elaborar un Catálogo de Postos de Traballo termine o seu traballo. Na súa opinión, ese proceso atrasarase aínda uns dous anos e non estará listo ata as portas das próximas eleccións municipais de 2019 polo que entenden que o que buscan é "atrasar todo o que poidan e deixar o calote ao goberno que veña".


O GOBERNO NON NEGOCIARÁ BAIXO "PRESIÓN"


Este mesmo luns o concelleiro de Réxime Interior e Persoal, Vicente García Legísima, saíu ao paso da protesta laboral para reiterar que "con medidas de presión" non van "negociar nada" e menos, dixo, cando estas protestas "non teñen razón de ser" e non están "xustificadas".


García Legísima asegurou respectar o dereito dos axentes para mobilizarse, accións que "non son agradables" e que entende "lexítimas", pero que non comparte. E é que engadiu que as actuais condicións laborais foron pactadas entre ambas as partes "e os acordos están para cumprilos".

relacionada Case dúas semanas coas reservas do grupo Cero negativo baixas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE