#Claves de la semana

​O MAC abre un ciclo de conferencias sobre o futuro da moda

O ciclo, que se desenvolverá os martes 8, 15 e 22 de novembro, en horario de 19,30 a 21,00 horas, ten por obxecto "explicar os principais alicerces da moda ética e sustentable". 


|

ModaMAC

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) organiza, en colaboración coa Escola de Deseño e Moda Goymar Galicia, un ciclo de conferencias sobre o futuro da moda, impartidos por profesionais do sector que achegarán a súa experiencia.


O ciclo, que se desenvolverá os martes 8, 15 e 22 de novembro, en horario de 19,30 a 21,00 horas, ten por obxecto "explicar os principais alicerces da moda ética e sustentable, conceptos que, segundo diversos expertos, van supoñer unha verdadeira revolución na nosa forma de entender a moda durante os próximos anos", indican os promotores.


As conferencias, de libre acceso previa inscrición, comezarán este martes cunha titulada 'Moda con impacto positivo' a cargo da deseñadora e fundadora de 'Slow Fashion Next', Xema Gómez. 'Recicla e vencerás' ou 'Humanizando a moda' serán outras das conferencias a cargo de deseñadores e fundadores de firmas de moda.

relacionada GCiencia, Numax e o Festival Agrogay, candidatos ao Premio do Público Culturgal
relacionada Manel e Xoel López incorpóranse ao ciclo SON Estrella Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE