O Festival de Jazz de Lugo programa 25 citas musicais en cinco espazos da cidade
O Círculo das Artes, o Club Clavicémbalo, o pub 'Ho! Gruf', a Casa do Saber e a escola Fábrica de Sons serán as sedes deste encontro musical.
O Festival de Jazz de Lugo presentou este luns a carteleira da súa edición número 26, que difundirá este xénero a través de 25 citas musicais que terán lugar entre o 11 e o 20 de novembro en cinco espazos da cidade.
O Círculo das Artes, o Club Clavicémbalo, o pub 'Ho! Gruf', a Casa do Saber e a escola Fábrica de Sons serán as sedes deste encontro musical que, baixo a dirección da Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, volverá reunir en Lugo a grandes figuras de nivel internacional e estatal.
Na carteleira deste festival destacan grupos como The Cookers ou Donny McCaslin Quartet. Así mesmo, tamén tocarán en Lugo os noruegueses Pocket Corner, a violinista Maureen Choi, o trompetista Jeremy Pelt ou o pianista Bruce Bath.
A maiores, tamén se inclúen na programación nomes da escena jazzística nacional, como Gorka Benítez Trío, Raynald Colom Quartet ou Miguel Ángel Chastanhg Quintet; e os galegos Alfonso Calvo Septet, Alfredo García Quintet, Buxeiro Trío, 2M, Os Hot Chocolates, Garufa Blue Devils Big Band e Marcos Pin & Paco Charlín.
Escribe tu comentario