Os turoperadores birtánicos interésanse por Galicia como destino de turismo activo

|

Galiciaturismolondres


A segunda misión comercial do Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres concluíu coa apertura de contactos con máis dunha vintena de turoperadores británicos interesados na oferta turística galega.


Diso informou o Clúster a través dun comunicado, no que concretou que son 24 os encontros profesionais que se pecharon e aos que se suman os que os distintos asistentes puideron celebrar pola súa conta.


Entre os distintos nichos de mercado que buscan os turoperadores británicos en Galicia destacan, segundo Turismo de Galicia, o turismo activo e de aventura (con lazos co enogastronómico) e o turismo de luxo e o cultural.


"Hai interese", ademais, en descubrir novas rutas ou experiencias vinculadas ao Camiño de Santiago máis aló das tradicionais rutas a pé ou en bicicleta. Así mesmo, ábrense posibilidades vinculadas á observación da natureza, co obxectivo de desenvolver 'tours' relacionados coa ornitoloxía.

relacionada Turismo de Galicia participa esta semana na feira máis importante do mercado turístico inglés

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress