#Claves de la semana

​Luís Álvarez (PSdeG) oponse a "cambiar unha xestora por outra"

Na opinión do deputado autonómico por Lugo, o debate "dos nomes propios" terá que vir despois de "cohesionar" o partido. 


|

Luisalvarezpsdeg


O deputado autonómico do PSOE por Lugo Luís Álvarez mostrou este venres unha posición contraria a "cambiar unha xestora por outra", no marco de certas negociacións internas para relevar ao órgano que dirixe o partido desde a dimisión de José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral, e mostrouse partidario de liquidar as diferenzas existentes nas primarias e o congreso galego.


En rolda de prensa, pedida a súa opinión sobre unha eventual substitución na xestora, que encabeza Pilar Cancela, Luís Álvarez declinou falar de "nomes" e puxo o foco en que un dos labores de calquera xestora, "a de aquí e a de Madrid", é conducir o partido ata a elección dunha nova executiva.


"Por que temos que cambiar unha xestora por outra?", preguntouse, á vez que defendeu que se autorice á dirección provisional do PSdeG para convocar os procesos orgánicos correspondentes, unha competencia que lle retirou a xestora federal.


A continuación, o parlamentario lucense explicitou que a súa postura é cumprir "o que din os estatutos" e que a xestora galega poida establecer "un calendario" para celebrar as primarias das que sairá un novo secretario xeral e un congreso no que aprobar a dirección política e nomear a executiva.


Dito isto, apelou a "ser conscientes" de que neste momento na súa formación "hai máis xente calada da que está a falar", de modo que o razoable é convocar os procesos orgánicos. Ese será o momento no que, desde o seu punto de vista, se poida abrir o debate sobre os nomes propios, pero actualmente o que se necesita é "falar de proxectos" e de como "cohesionar" o partido.

relacionada ​Ferraz quita al PSdeG la competencia para convocar primarias
relacionada ​Pilar Cancela pensou dimitir para non se abster na investidura de Rajoy
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE