#Claves de la semana

​Pilar Cancela pensou dimitir para non se abster na investidura de Rajoy

Non seguiu os pasos de Pedro Sánchez por priorizar o "proxecto colectivo" sobre a súa convicción persoal.



|

Pilarcancelacongresopsdeg


A presidenta da xestora do PSdeG pediu esta mañá "desculpas a quen se sinta enganado ou decepcionado" coa abstención do PSOE na investidura de Rajoy. Pilar Cancela recoñeceu nunha entrevista na Radio Galega que meditou dimitir para non ter que acatar a decisión tomada no Comité Federal do partido, ao ser un posicionamento que non comparte.


Porén, non fixo o mesmo ca Pedro Sánchez por considerar que "cando un ten un cargo orgánico non encabeza un proxecto individual senón colectivo. No comité tomouse unha decisión e había que asumir o resultado". Recoñeceu que ela, que sancionou a "compañeiros por incumprir a disciplina de voto" no pasado, non podía agora rachar o acordado.


Ao respecto das sancións, defende que "hai que contextualizar as cousas, minimizar o máximo posible todo isto para non indicir na fractura".


No tocante so seu cargo na xestora do PSdeG, iso si, declarou que "non se me pasou pola cabeza" renunciar, tal e como pide o sector crítico. Para solucionar este enfrontamento en Galicia, a súa receita é a de "convocar primarias e congreso e cada quen que confronte o seu proxecto político e que a militancia decida".


Se Abel Caballero dará o paso para liderar unha desas candidaturas, di non sabelo, pero cre que segurá "tendo protagonismo", quizáis, apoiando a outra persoa.


Considera que a "falta de liderado e dun proxecto político" lle están pasando factura aos socialistas. Aos que non marcharon, "pediríalle que sigan aí, militando e crendo no partido".

relacionada ​Rocío de Frutos mantivo o 'non' e Cancela acatou a abstención
relacionada ​José Blanco: "A ninguén se lle obriga a formar parte do Grupo Parlamentario"
relacionada ​Máis presión para que Pilar Cancela "asuma responsabilidades"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE